CAPTURE: Tecnoloxías Avanzadas para a Eliminación de Microplásticos na Área Transfronteiriza do Norte de Portugal – Galicia

Viratec participates in the project ‘Advanced Technologies for the Elimination of Microplastics in the North Portugal – Galicia Cross-border Area’, CAPTURE, in the framework of the Interreg POCTEP program, together with the Galician Water Research Center Foundation(CETAQUA GALICIA, leader), Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto (FEUP), Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnologías Ambientales(CRETUS-USC), CMPEAE- Empresa de Águas e Energia do Município do Porto and Centro Oceanográfico de Vigo.

Os microplásticos (MP), partículas de plástico menores de 5 mm, son unha grave ameaza para os océanos. Supoñen un problema de calidade da auga e comprometen a saúde ambiental e das persoas ao entrar na cadea alimentaria.

As áreas costeiras de Galicia e o Norte de Portugal poden presentar concentracións significativas de MP, que chegan ao mar en gran parte a través das augas residuais.

CAPTURE investigará, desenvolverá e implementará solucións innovadoras para impedir que os MP cheguen aos corpos de auga do territorio transfronteirizo, fomentando á vez a concienciación da poboación e as administracións públicas para facer fronte a este problema.

Deseñaranse e validarán dúas solucións innovadoras, unha en núcleos urbanos con sistemas de tratamentos centralizados e outra en núcleos rurais con sistemas de tratamento descentralizados.

Primeiro avaliaranse a escala laboratorio, para despois pilotar unha delas en Galicia e a outra no Norte de Portugal e, unha vez validados os seus resultados, modelizar as condicións para a transferencia de cada solución á outra rexión, de modo que o territorio transfronteirizo conte cunha solución integral para a redución de MP no océano.

Ademais, realizarase un modelado do transporte transfronteirizo destes contaminantes, avaliarase a súa presenza no océano, o impacto ambiental en especies mariñas e o efecto ambiental que terá a aplicación das tecnoloxías.

SHARE